Renovación da acreditación de IDAES 2020

You are here

26

Nov 2020

Renovación da acreditación de IDAES 2020

O programa de doutoramento IDAES está inmerso na renovación da acreditación ante a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). Este procedemento implica unha autoavaliación polas comisións responsables do programa, xa plasmada nunha memoria extensa sobre as carácterísticas e resultados deste, así como unha avaliación externa. O 1 de decembro de 2020 terá lugar a visita virtual do panel de avaliación externa. Este panel reunirase cunha selección do profesorado, estudantes e egresados/as, así como coa comisión académica interuniversitaria que coordina o doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados nas tres Universidades galegas. Calquera persoa relacionada co programa pode poñerse en contacto co panel externo no correo audiencia.publica@acsug.es. O informe de autoavaliación está dispoñible nesta mesma web en http://www.idaes.eu/media/291.